Mostrando entradas con la etiqueta Actividades complementarias. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Actividades complementarias. Mostrar todas las entradas

25 octubre 2021

DÍA DAS BIBLIOTECAS

O Día 24 de outubro celébrase o Día da Biblioteca, este ano co lema: 

"Bibliotecas: ler, aprender, descubrir"

 

Ainda que  é difícil substituir o placer de ler un conto en formato papel e tocar e manipular os libros hai fantásticas bibliotecas virtuais de acceso gratuito que teñen como obxetivo fomentar a lectura de forma gratuita e accesible.

Déixovos unha mostra coa Biblioteca Digital Internacional para Niños.Ofrece libros en moitos idiomas e podes seleccionalos por país,  autores ,  palabras...




17 abril 2020

23 DE ABRIL : DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO


A todas as lectoras e lectores de 6º (que habelos hainos ).Carteles que fomentan la lectura | Carteles de lectura, Lectura y ...



O día 23 de abril celébrase o Día do Libro.
Dende a Biblioteca do cole nos propoñen unha actividade que pode ser moi divertida: participar, dende a casa a través da lectura en vídeo ou audio dun dos libros que máis vos gusten ou que teñades na casa.

Podedes pedir axuda ás vosas familias, todos podemos participar!!!

Tedes toda a información premendo na imaxe, que vos enviará ao blog da Biblio.
Tamén temos tempo.
Agardamos as vosas gravacións!

03 abril 2020

#NosQuedamosDeVacaciones

Estas vacaciones nos quedamos en casa, por ello @sm nos ofrece un reto familiar con premios.
¿Os animáis? 
Para saber más haz clic en la imagen.
Porque se puede viajar... ¡sin moverse de casa!

Esta Semana Santa #NosQuedamosDeVacaciones, pero no por eso
debemos renunciar a viajar... aunque sea con la imaginación.

En SM te proponemos que recorráis en familia uno de estos países:
Japón, Australia, Inglaterra, México, Egipto, Francia y Grecia.

Para ello, os hemos preparado unas rutas muy interesantes, con un
 montón de actividades que os permitirán conocer la cultura y la
gastronomía de ese país.
Si participáis y queréis compartir vuestras fotos las podéis mandar 
al correo del blog y las subimos aquí.


02 abril 2020

DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL

Día del Libro Infantil y Juvenil 2020


Dende 1967,  o 2 de abril, a Organización Internacional para o Libro Xuvenil celebra o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil coincidindo coa data do nacemeento do escritor danés Hans Christian Andersen.

 Aquí vos deixamos un vídeo moi chulo que vai contando unha pequena historia a través dos títulos dalgúns libros.

En Aulas Galegas, o noso último premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, Antonio García Teijeiro, agasállanos coa lectura dun poema seu da obra Poemar o mar.

07 febrero 2020

CHARLA POLICÍA NACIONAL: "RISCOS DE INTERNET E AS REDES SOCIAIS"

Hoxe pola mañá, membros da comisaría da Policía Nacional de Vigo, trasladaronse ao colexio para ofrecer aos alumnos de 5º e 6º de Primaria, una charla informativa sobre aspectos relacionados coa seguridade dixital.
Con esta actividade pretendemos axudar ao noso alumnado a comprender cómo funcionan as redes sociais e as novas tecnoloxgías, co obxetivo de que aprendan a identificar perigos, denuncien situaciones de cyberbulling, grooming ou sexting, identifiquen contidos inadecuados e utilicen a rede de forma segura e adecuada.
Pinchando na imaxen atoparedes un tríptico con consellos para evitar o ciberacoso e o mal uso de internet.

Pola tarde a charla foi para as familias.

11 noviembre 2019

VISITA AO CONCELLO DE VIGO

O pasado 5 de novembro o alumnado de 6º de Educación Primaria visitamos o Concello da nosa cidade.
Recibíronnos na Lonxa os nosos guías que nos foron amosando as distintas dependencias.
Alí aprendemos cómo funciona  a Sala de Prensa. Tamén coñecemos  a sala de Control de Tráfico chea de pantallas enormes. No laboratorio puidemos ver cómo se analiza a auga e incluso participamos co alcalde no Salón de Plenos dunha pequena rolda de preguntas. Sentímonos como concelleiros por un día.
En definitiva, unha mañá chea de cousas interesantes. Unha boa experiencia.





01 julio 2019

VIXIADOR 2019

O alumnado e o profesorado de todo o cole fixemos a despedida do curso cunha saída ao Vixiador. Alí participamos en: rutas de sendeirismo, xogos libres, comida ao aire libre... pasámolo xenial.
Unha xornada de convivencia que podedes ver premendo na cámara de fotos







28 abril 2019








O alumnado de 5º de Primaria do Pombal disfrutamos cos autores dos libros de lectura cos que traballamos este curso.
Resultado de imaxes para apestoso tio muffi  

PEDRO MAÑAS
  E ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO


PADRIÑOS LECTORES 2019
Tamén participamos nesta xenial proposta de lectura feita polo equipo da biblioteca. 


Grazas Equipo de Biblioteca por estes fantásticos vídeos!


09 diciembre 2018

CONCURSO PILABOT

A Xunta de Galicia xunto a Ecopilas, ERP e Ecolec, promoven esta campaña de recollida selectiva de pilas e acumuladores portátiles nos centros educativos de primaria e secundaria de Galicia.
O noso colexio participa no Concurso Pilabot animádevos a participar. Hai catro premios para os centros educativos que máis pilas recollan.


19 junio 2018

SOMOS INVENTORES

Cando poñemos  a nosa imaxinación a traballar saen cousas xeniais. Aquí están as máquinas que inventou o alumnado de 3º A e B .Botádelle unha ollada, son marabillosas!

CON FRAN ALONSO

Fran Alonso chegou ao cole co seu gato poeta e contounos moitas cousas interesantes, fixo algo de maxia e tamén  asinouo os nosos libros.


«O meu gato é un poeta» recursos en Internet

Nós tamén fomos poetas e reescibimos " O meu gato é un poeta"

04 abril 2018

VISITA A BIBLIOTECA XOSÉ NEIRA VILAS

Iniciamos o terceiro trimestre festexando o Día do Libro Infantil e Xuvenil (2 de abril) na biblioteca Xosé Neira Vilas.
Toda a rapazada de 3ºA e 3º B realizaron obradoiros sobre os libros traballados de:
          Fran Alonso : " O MEU GATO É UN POETA"
                                            Pinto e Chinto: " NOVAS MINIMALADAS"
Visitade a biblioteca e opinade. A que son uns futuros e futuras escritores/as !!!









































22 febrero 2018

ENTROIDO 2018

Este ano despois de preparar o noso disfraz, quedamos así de guapiños...Todo o colexio fixemos un desfile  polo Calvario.




Se queredes pódense ver as fotos de tódolos grupos no blog do Pombal

31 octubre 2017

CHEGOU O SAMAÍN!!!

Este ano decoramos cabazas na clase e despois foron expostas no Calvario.Quedaron feitas unha preciosidade.

18 mayo 2017

ANIMACIÓN LECTORA CON IAGO LÓPEZ

O día 2 de maio, os nenos e nenas de 2º de Primaria, disfrutaron na biblioteca  Castelao dunha sesión de contacontos. Iago López  "Feliz Feroz.O lobiño riquiño"


Cóntalles que a irmá de Lobo Feroz está moi preocupada: o seu fillo non é feroz!!              
Faise amigo de Carapuchiña, comparte unha ensalada cos coellos, ponse a xogar cos  tres porquiños...






Estivemos moi atentos e grazas a Iago descubrimos que o lobiño consegue que a súa
familia deixe de ser feroz para converterse en feliz.

03 mayo 2017

UNHA VISITA INESPERADA

Hai uns días Noelia trouxo a clase as súas mascotas para que as coñeceramos. Mirade que emocionados, atentos e observadores estivemos todos.

21 marzo 2017

TEATRO MUSICAL


Dentro da programación para escolares de A Fundación, os alumnos de 1º e  2º de Primaria  presenciaron a obra : “ Paxaro amigo. Músicas para a paz” de Mamá Cabra. Un espectáculo inspirado no libro
 "A bruxa Discordia" , que nos anima a construir un mundo mellor e máis xusto.
mama_cabra_paxaro_amigo_2__medium[1]

A música foi a protagonista durante toda a obra resultando así moi divertida e agradable para todos.

24 octubre 2016

OBRADOIRO "AÍNDA NADA?"

Hoxe tivemos no cole un obradoiro organizado polo CSIC. O tema eran os legumes, por ser o ano 2016 o Ano Internacional dos Legumes.
Aprendemos a través de xogos a recoñecer as diferentes variedades  de lentellas , fabas, garavanzos...Algunhas non as coñecíamos!
Contáronnos un conto "Aínda nada?" que nos explicaba o proceso de xerminación dunha planta. Quedounos claro que na vida hai que ter moita paciencia para todo.














14 febrero 2016

ENTROIDO 2016

  
Se queredes dar un paseo conosco pola época medieval. pinchade na imaxe para ver o video