INFORMACIÓN AS FAMILIAS

Curso 2020/2021

23/10/2020
COMO CONVALIDAR A LICENCIA DOS LIBROS DIXITAIS  DE C. SOCIAIS E C. DA NATUREZA DA EDITORIAL SANTILLANA

Acceso Online:

Para acceder de forma rápida aos libros sen necesidade de descargalos ou utilizar aplicacións entra en: Libros dixitais Santillana. Fai clic no enlace e escribe o teu usuario e contrasinal:

E para saber máis, ou se queres instalar " Aula Virtual" no teu ordenador, fai clic no seguinte enlace:


22/10/2020  

INFORMACIÓN SOBRE AS LICENCIAS DOS LIBROS DIXITAIS DE ANAYA.
Ola familias: Xa podedes descargar os libros de Lengua e Lingua no ordenador, na tablet ou no movil.
Premendo aquí tedes toda a información.



23/9/2020

INFORMACIÓN SOBRE AS LICENCIAS DO LIBRO DE MATEMÁTICAS.
Ola familias:
Xa podedes descargar o libro de Matemáticas no ordenador, na tablet ou no movil.

É moi importante ter os libros dixitais descargados porque os alumnos terán tarefas para realizar na aula virtual.

  • Nesta primeira información podedes ver como rexistrarvos. 


Hai que ler con atención e seguir as instrucións paso a paso, con paciencia conseguirémolo, as veces non sae á primeira.

  • Aquí como engadir as licencias e añadiros ao grupo de cada clase.





Curso 2019/2020



21/4/2020

COMO CONVALIDAR A LICENCIA DO LIBRO DIXITAL C. NATURAIS DA EDITORIAL SANTILLANA

Hoxe imos con outro libro dixital hai que ler con atención e seguir as instrucións paso a pasocon paciencia  conseguirémolo, as veces non sale á primeira.

Acceso Online:

Para acceder de forma rápida aos libros sen necesidade de descargalos ou utilizar aplicacións entra en: Libros dixitais Santillana. Fai clic no enlace e escribe o teu usuario e contrasinal:



E para saber máis, ou se queres instalar " Aula Virtual" no teu ordenador, fai clic no seguinte enlace:




19/4/2020

17/4/2020
COMO CONVALIDAR AS LICENCIAS DOS LIBROS DIXITAIS  DE LENGUA E LINGUA DA EDITORIAL ANAYA.              
                                                                                      
Xa estamos no 3º trimestre e os libros que o alumnado levou para casa son os do 2º trimestre que eran cos que estabamos traballando no momento do remate das clases presenciais.

As editoriais oferécennos a posibilidade de que cada familia poida descargar os libros dixitais no ordenador, na tablet ou no mobil.

Comezaremos polos libros da editorial ANAYA. Proximamente recibiredes a través do Abalarmóbil dúas licencias: unha do libro de Lengua e outra do libro de Lingua.
Premendo neste enlace tedes toda a información de como levar a cabo o rexistro e así poder ter os dous libros de xeito dixital.

https://drive.google.com/file/d/18ywUHoviqh38BREELrIUtODRk6dWifxQ/view?usp=sharing

Se tedes algunha dúbida ou dificultade non tedes máis que escribirnos ao correo:
clase3bxunta@gmail.com



16/4/2020

ABALARMÓBIL  PARA AS FAMILIAS  
                                                           
Que é abalarMóbil? É unha aplicación que se pode instalar tanto no teléfono móbil como nunha tablet, e que permite ás familias consultar a información  dos seus fillos a través destes dispositivos.
Deste xeito, van poder consultar os posibles avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.

Unha vez enviada a mensaxe, os/as responsables, que estean subscritos as notificacións, recibirán os avisos nos seus dispositivos móbiles.

A descarga desta aplicación faise dende Apple store (se o sistema operativo é IOS) ou dende Play Store (se o sistema operativo é Android).

As familias que descarguen abalarMóbil van a poder dispoñer das seguintes funcionalidades:
• Acceder aos datos persoais
• Consultar as cualificacións
• Consultar e xustificar as faltas de asistencia
• Consultar as faltas de conduta
• Solicitar unha cita de titoría
• Consultar os datos do centro educativo
• Consultar os avisos ou notificacións por parte do profesorado ou do centro educativo.
• Consultar as incidencias creadas polo profesorado
• Modificar o idioma da aplicación

Para máis información

É moi importante que todas as familias o teñades descargado porque imos utilizalo para mandarvos información: licencias para descargar os libros dixitais...

16/4/2020


Importante: Enquisa as familias.










No hay comentarios:

Publicar un comentario