24 octubre 2016

OBRADOIRO "AÍNDA NADA?"

Hoxe tivemos no cole un obradoiro organizado polo CSIC. O tema eran os legumes, por ser o ano 2016 o Ano Internacional dos Legumes.
Aprendemos a través de xogos a recoñecer as diferentes variedades  de lentellas , fabas, garavanzos...Algunhas non as coñecíamos!
Contáronnos un conto "Aínda nada?" que nos explicaba o proceso de xerminación dunha planta. Quedounos claro que na vida hai que ter moita paciencia para todo.














No hay comentarios:

Publicar un comentario