19 junio 2020

Cerrado por vacaciones. El 1 de septiembre volveremos - Asociación ...
Rematamos un curso moi diferente a como o tiñamos imaxinado. 
Ninguén de nós o esperaba deste xeito, nin os mestres, nin as familias e sobretodo  vós, os rapaces e rapazas de 6º .
Tivemos que adaptarnos a diversas circunstancias de forma inesperada e continuar aprendendo  nunha situación inusual da que saímos máis fortes . 
Parabéns polo voso traballo e a vosas familias pola súa implicación.
Esperamos con ilusión a volta a normalidade e así en setembro reunirrnos e facer esa festa que deixa pendente esta pandemia.
Foi unha ledicia veros na webex. E como vos dixemos o outro día:
Querémosvos moito!!!
Ímosvos a botar moito de menos!!!
Non nos esquezades!!!
Boa sorte na nova etapa da vosa vida que comezará en setembro!!!
De momento non esquezades as tarefas para o verán: descansar, xogar, rir, inventar, soñar, bailar, nadar na praia ou na piscina, camiñar, pasear en bici, ler libros bonitos, querer moito a vosa familia, mirar as estrelas... e sobre todo ser felices e disfrutar dos bos momentos.
Ata sempre
Mariva e EstherMIS CREACIONES 2018: Gif | Gif lindos, Amor gif, Cosas lindas para ...


No hay comentarios:

Publicar un comentario