03 abril 2020

CHEGARON AS VACACIÓNS!!!

 Primeiro de todo espero que todos vós e as vosas familias esteades ben.

Chegamos ao final do segundo trimestre. Podedes consultar as notas na aplicación Abalar, se vós ou as vosas familias tendes algunha dúbida, facédenolo saber a través do correo electrónico que aparece no blog (clase3bxunta@gmail.com).

Aínda que dunha forma estraña, comezamos unhas vacacións de Semana Santa. Seguro que un pouco raras e moi diferentes as que tiñamos pensadas, pero ánimo que o coronavirus non nos vencerá.
De momento toca seguir na casa así que moita paciencia e moito ánimo, esperando e desexando recuperar a normalidade o antes posible e coa ilusión de volvernos a reencontrar no cole.

Durante as vacacións (do sábado 4 ao luns 13 de abril) , non haberá proposta de novas tarefas, pero podemos seguir conectados no chat do blog relacionándonos virtualmente cos nos@s compañeir@s.
Aproveitade para rematar e revisar as tarefas anteriores, cantar, bailar,ler, xogar, debuxar e facer cousas divertidas.




Vémonos a volta en "Aprendo en Primaria" e ata ese día: Sede moi felices na casa coas vosas familias!!!

4 comentarios:

  1. Donde está el Abalar????
    Gracias, catalina

    ResponderEliminar
  2. Hay que descargar la aplicación en el móvil, pero tu familia creo que ya la tiene, pregúntales.Un besazo Catalina.

    ResponderEliminar
  3. Vale gracias
    Catalina

    ResponderEliminar
  4. Oye yo no aparezco😕bruno

    ResponderEliminar